Hoxe arrancou unha nova campaña do libre marisqueo, aínda que os resultados non foron moi diferentes aos de hai un ano. Os poucos profesionais que se animaron a probar sorte volveron case coas mans valeiras pola falta de marisco de tamaño mínimo. Situación que se deu no principal banco do libre, os Lombos do Ulla.

