16 noviembre, 2026

A consellería do mar inviste máis de 50.000 euros na construción de 24 novas prazas de amarre para embarcacións pesqueiras no porto do FREIXO, en OUTES

A Consellería do Mar vén de habilitar 24 novas prazas de amarre para embarcacións pesqueiras no porto do Freixo, no municipio coruñés de Outes. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ao municipio para comprobar os traballos, que contaron cun investimento de máis de 51.000 euros. A actuación executada para a dotación de pantaláns de 3ª lista supuxo a creación de 24 prazas: 16 para embarcacións de 6 metros; 4 para embarcacións de 8 metros; e 4 para as de 10 metros. Deste xeito a Consellería do Mar dá resposta a actual lista de espera, de 16 barcos, e prevé prazas de reserva.
Os novos módulos de pantalán para pesqueiros están enganchados á punta dos pantaláns centrais de 7ª lista que existían anteriormente. Deste xeito a distancia ata o dique supera os 20 metros, o que permite a boa maniobrabilidade das embarcacións no seu acceso á dársena.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX