24.2 C
Chicago
18 agosto, 2026
Image default

A GARDA CIVIL INVESTIGA A SEIS PERSOAS COMO PRESUNTOS AUTORES DUN DELITO DE ESTAFA, OUTRO DE BRANQUEO E UN TERCEIRO DE PERTENZA A GRUPO CRIMINAL

Axentes da Garda Civil do Milladoiro detiveron seis persoas como presuntos autores dun delito de estafa, outro de branqueo de capitais e un terceiro de pertenza a un grupo criminal.

A operación comezou no mes de outubro logo da denuncia feita por unh aveciña de Outes. Afirmaba ter recibido un sms da súa filla no que lle indicaba que o seu móbil caera á auga e se estropeara, por iso empregaba un distinto para poñerse en contacto con ela.

Logo de manter unha conversa por mensaxes, a filla pediulle que realizara unha serie de transferencias bancarias a diferentes contas, ascendendo o importe total a 24 mil 600 euros.

Despois das labores de investigación, os efectivos da Garda Civil foron quen de identificar aos presuntos culpables, 6 individuos de Madrid, Barcelona, Valladolid e Huesca.

Despois de coñecer a identificalos, procedeuse á súa detención como presuntos autores dun delito de estafa, outro de branqueo de capitais e un terceiro de pertenza a grupo criminal.

Related posts

A XUNTA REIVINDICA OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO PARA CREAR OPORTUNIDADES LABORAIS

CloudyX

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL COÑECEU EN OUTES O AVANCE DAS OBRAS DA NOVA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CloudyX

OUTES HONROU AO SAN CRISTOVO CUNHA PROCESIÓN CHEA DE VEHÍCULOS

CloudyX