Galicia

FABIOLA GARCÍA URXE AO GOBERNO CENTRAL A RENOVAR CANTO ANTES O PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A conselleira de Política Social cualifica de preocupante o grao de cumprimento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero por parte do Goberno central e insiste na súa renovación.

Sinala isto facendo balance dun acordo aprobado no 2017 e cuxo período de execución rematou hai dous anos. Apunta que este pacto non impediu que durante a súa vixencia, 352 mulleres foran asasinadas polas súas parellas, que 35 nenos e adolescentes o foran polos seus pais ou por parellas das nais e que outros 265 quedaran orfos.

Outra das medidas esixidas por Fabiola García é a creación dunha lei específica contra a trata de persoas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.