O punto de referencia sanitaria na comarca non conta hoxe cun servizo esencial, o de radioloxía. Por segunda vez en 26 anos o Hospital da Barbanza non terá un radiólogo de garda polo que dende as tres desta tarde ata as oito horas de mañá o servizo de raios non ten médico. Unha situación que, alo menos, se repetirá unha vez máis neste mes de setembro, o vindeiro día 16.