Lousame

A ANPA ALECRÍN DO COLEXIO DE LOUSAME DENUNCIA A FALTA DE PROFESOR DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Só faltan uns días para o inicio das clases pero as protestas nos centros educativos do Barbanza non cesan. Logo de Boiro e Rianxo agora é a ANPA Alecrín, do colexio Cernadas de Castro de Lousame, a que se manifesta. Esixen a restitución dun docente de audición e linguaxe.

Dende a entidade denuncian que hai uns anos había dous especialistas deste tipo, que co paso do tempo se reduciron á metade e que o ano que vén xa non haberá ningún.

No centro hai 40 rapaces que precisan desta atención, unhas cifras que alarman aos pais destes cativos, desesperados ante a situación de non saber cal será o futuro dos seus fillos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.