Era unha demanda que se viña facendo dende hai anos e parece que por fin se vai a cumprir, o desdobre do corredor que une a Noia con Santiago. O Goberno galego avanza nos trámites para converter esta vía en autovía, proxecto que xa superou de forma favorable o informe de impacto ambiental. O alcalde da vila noiesa, Santiago Freire, sinalou o progreso realizado neste plan tras unha reunión mantida coa conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue.