A tardía chegada do verán este ano fixo que moita xente vira estropeadas as súas vacacións na praia. O mes de xullo con baixas temperaturas e pasado por auga non axudou aos turistas de costa a desfrutar dos seus días de descanso.
Aínda que existe a crenza popular de que setembro é un mes de altas temperaturas no caso de non habelas en xullo e agosto, non todo o mundo pensa dese xeito.