Os outonos e os invernos son impredicibles para os mariscadores da ría de Muros e Noia. O pasado mes de outubro os profesionais tiveron que pechar a campaña marisqueira pola alta mortaldade dos bivalvos vencellada á caída de salinidade das augas. Unha das causas que apuntaban os profesionais foi á chegada de auga doce da presa do Tambre en baixamar, o que acabou con gran parte da produción. A confraría de Noia e o sector reclama dende hai tempo un protocolo para evitar que esta situación se volva a producir, documento do que non se sabe nada.