As festas de San Bartolomeu chegaron onte ao seu fin despois de catro intensos días. Fíxoo pola noite da man da orquestra París de Noia. A alameda ateigouse un ano máis para bailar ao ritmo do grupo local, que como cada edición protagonizou a última xornada da celebración.
Antes disto foi turno da tradicional misa e procesión na honra de San Roque, onde participaron os membros do goberno local.
Alí escolléronse os organizadores do próximo San Bartolomeu, que de novo correrá a cargo do concello. Aseguran que de cara ao ano que vén tentarán mellorar os erros nos que puideron caír desta vez.