18 noviembre, 2026
Image default

NOIA AFRONTA O ÚLTIMO DÍA DAS FESTAS DE SAN BARTOLOMEU COA RESACA DUNHA FIN DE SEMANA CARGADA DE ACTIVIDADES

Milleiros de persoas ateigaron esta fin de semana a vila de Noia con motivo das festas de San Bartolomeu. Un cartel cheo de actividades para todos os públicos e gustos fai destas celebracións todo un reclamo para visitantes e locais de achegarse a desfrutar delas.

O deporte ou a música foron e serán protagonistas aínda hoxe. Onte foi o turno da comida. Un ano máis a empanada tomou as rúas de Noia, neste caso a praza da Constitución onde se sumaron 20 exemplares máis das que había o ano pasado.

Non pareceu ser suficiente, xa que logo remataron as existencias das 142 elaboracións que se prepararon. Zamburiñas, pulpo ou berbereches foron as máis exitosas do día.

Hoxe, xa co estómago cheo, os asistentes poderán desfrutar dun dos pratos fortes do San Bartolomeu, a orquestra París de Noia. O grupo local pechará as festas de Noia por todo o alto.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX