18 noviembre, 2026
Image default

NOIA COMEZA MAÑÁ TRES DÍAS DE FESTA POLO SAN BARTOLOMEU

As festas de San Bartolomeu comezan o sábado e Noia ultima os detalles para os tres días máis grandes do ano. Haberá música, actividades deportivas e mesmo un carnaval de verán para poñer fin ao patrón noiés.

Comezarán mañá coa celebración do evento Pon Un Sancosmeiro, que encherá as rúas da vila de dianas e alboradas.

Será o turno tamén do inicio do torneo de tenis e da exhibición de kick boxing na Alameda. Ás sete e media celebrarase a misa na honra de San Bartolomeu na igrexa de San Martiño. Pola noite, turno da Asociación Cultural Argalleiros e da orquestra Cuarta Calle para amenizar a velada. Cara as once da noite será o grupo Broken Peach o que actúe na praza do Tapal. Para os que busquen un plan durante a madrugada, poderán desfrutar da música de Disco Móvil Chocolate.

O domingo será o día da empanada, grazas á festa promovida polo Club de Fútbol Noia. A vianda terá a súa xornada grande co concurso de degustación. A música da noitiña irá a cargo de Anxo Lorenzo e Luar na Lubre, que actuarán na praza do Tapal. O espectáculo de pólvora celebrarase ás doce da noite no Peirao do Marqués, e unha vez remate, todo o mundo para a Alameda a ver á orquestra Olympus dende a unha menos cuarto.

O luns será o día dos máis pequenos, con atraccións, hinchables, actuacións musicais infantís e desfiles de xigantes e cabezudos. Xa pola noite chegará un dos pratos fortes do San Bartolomeu, a actuación dende as dez da orquestra París de Noia, que como cada ano non falta á cita coa súa vila natal. Ás doce en punto farán unha pausa para deixar paso á Noite de Berros, unha actividade asentada nas festas noiesas, para proseguir coa actuación á unha menos cuarto.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX