A semana pasada a Consellería do Mar anunciou que a Xunta ía destinar 1,5 millóns de euros en axudas para as mariscadoras a pé e para a rexeneración dos bancos marisqueiros. Sen embargo parte do sector afirma que non teñen ningunha notificación destas subvencións do Goberno galego.

