A falta de vivenda está a provocar que cada vez haxa máis compradores ao non haber oferta de alugueiro. Ata o de agora non se está a promover a construción de novos inmobles na comarca polo que unha das alternativas que se manexa é impulsar as obras paradas, que quedaron a medio construír logo do estoupe da burbulla inmobiliaria.

