O peixe é un dos alimentos por excelencia en España. Aínda así, segundo o Ministerio de Sanidade nunca se consumiu menos cantidade que os 18 quilos por persoa ao ano.
Recoméndase comer 31,20 quilos, cifra recomendada tanto polo Ministerio como polo Servizo Galego de Saúde. Isto serían de tres a catro racións de 150 gramos á semana, un número próximo ao que xa consume moita xente.

