Os prezos da gasolina e o diésel levan á baixa dende hai uns meses, aínda que o balance anual segue sendo de aumento para a gasolina.
Coincidindo coa operación saída de principios de agosto, o gasto en carburantes non é tan elevado como hai uns meses, algo que xa notan os consumidores, aínda que para algúns non é para tanto.

