A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou esta mañá as instalacións do campo de fútbol de San Lázaro de Noia acompañada da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e do alcalde da vila, Santiago Freire. Alí coñeceron as actuacións de mellora da eficiencia enerxética que se prevé realizar co apoio da Xunta.