16 noviembre, 2026

A consellería do mar investiu 6,5 millóns de euros na mellora dos portos autonómicos da ría de muros e noia entre 2009 e 2016

Estas actuacións foron realizadas nos portos de Muros, Noia, Serra de Outes e Porto do Son atendendo ás liñas estratéxicas de crecemento, sustentabilidade, eficiencia e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación e a pesar das condicións orzamentarias que esixía o contexto económico do momento e de atender as obras que xurdiron con motivo dos temporais. Desenvolvéronse cunha planificación coa vista posta, entre outros aspectos, en acadar novos tráficos e reforzar os existentes no eido das mercadorías. Tamén en conseguir novos tránsitos e atraques para a náutica deportiva e a captación de máis descargas doutras comunidades autónomas e países no eido da pesca e do marisqueo.

Nunha análise por municipios, o porto de Muros recibiu investimentos en infraestruturas portuarias por valor de 4,5 millóns de euros e máis de 130.600 a maiores para actuacións menores, destacando as obras de ordenación interior de atraques no peirao por importe de 4,4 millóns de euros. En Noia investíronse máis de 641.000 euros nas grandes infraestruturas e preto de 73.700 máis en obras menores e a actuación de maior importe foi a ampliación de instalacións para embarcacións menores no Testal, con máis de 586.200 euros.

Polo que respecta ao municipio de Porto do Son, investíronse 1,1 millóns de euros en obras maiores, destacando a mellora de abrigo das instalacións náuticas –de máis de 657.300 euros- e preto de 100.000 euros máis en actuacións menores. Finalmente, en Serra de Outes investíronse máis de 59.500 na ampliación das instalacións deportivas e máis de 10.100 euros a maiores en obras menores.

Estas accións favoreceron a recuperación e estabilidade dos tráficos dos portos autonómicos, os tránsitos no eido da náutica deportiva e a facturación das vendas da pesca e do marisqueo. De feito, nos 9 primeiros meses de 2016 o tráfico portuario de mercadorías nos peiraos de titularidade autonómica rexistrou un incremento interanual de máis dun 7% e no no eido da náutica deportiva rexistrouse un incremento interanual das embarcacións en tránsito de máis dun 9% durante o primeiro semestre de 2016, en relación ao mesmo período do ano anterior. En canto á pesca e ao marisqueo, a mellora nas instalacións de atraque e nas lonxas favoreceu un incremento de facturación no 2016, o mellor ano dos últimos 20.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX