A Alameda de Noia estaba esta mañá máis concorrida do habitual. A Cruz Vermella instalou unha furgoneta e un posto para dar comezo ao “Enredando Tour 2024”, iniciativa coa que a entidade busca reducir a fenda dixital e proporcionar ferramentas para o uso das tecnoloxías ás persoas maiores de 55 anos.