Xullo avanza e con el os turistas deixan a súa pegada en forma de visita ao Barbanza. Son moitos os que pasan na comarca varias xornadas e outros que se achegan de maneira puntual cun obxectivo claro: coñecer os lugares máis destacados. O Concello de Lousame está a rexistrar xa un incremento de persoas polo municipio.

