A pasada fin de semana Ribeira foi a capital galega da automoción ao acoller a V Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, cita organizada pola Asociación de Empresarios ribeirenses. A agrupación fixo unha valoración positiva desta nova edición da feira, liña que tamén seguen as marcas que participaron.

