Diferentes asociacións vencelladas ao mar galego presentaron esta mañá no Parlamento de Galicia as 19.000 firmas recollidas para impulsar unha iniciativa lexislativa popular para recoñecer e protexer as actividades pesqueiras e marisqueiras. Acudiron 26 representantes do sector, entre eles patrón maiores de contrarías, presidentas de agrupacións de marisqueo e de agrupacións de bateeiros.

