Eran as 15.45 horas de onte cando se alertou dun naufraxio en augas próximas ás illas Fiyi. O barco vigués Playa Zahara Dous encallara, rematando semi afundido. Despregouse un operativo de salvamento que finalizou antes das 19.00 horas co rescate dos 19 tripulantes, rescatados por outro buque propiedade dun resort turístico da zona. Todos se atopan en perfecto estado.

