Mar apoia un proxecto de aloxamento turístico para persoas con discapacidade
A Consellería do Mar apoia a través das axudas a proxectos dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro a iniciativa Cabanas sen barreiras, do GALP seo de Fisterra Ría de Muros Noia (GALP 4). Este proxecto consiste na creación de seis cabanas para convertelas en establecemento de aloxamento totalmente accesible para persoas con mobilidade reducida e discapacidades auditivas ou visuais e sumarase ao de Cabanas do Barranco, situado no concello de Outes.
Esta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, a alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos e a xerente dos Galp Manuela Oviedo. visitou as instalacións de Cabanas do Barranco, promovidas pola empresa do Artesanato S.L.,
https://www.youtube.com/watch?v=ehgIjtot-zg