O remate de maio ven acompañado de nervios e expectación para os estudantes que se presenten á Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade, máis coñecida como ABAU. Este martes 4 de xuño darán comezo os exames, probas que este ano se iniciarán con Lingua Galega e Literatura. O alumnado aproveita estes días para facer os últimos repasos das materias.

