O pasado 19 de marzo deu comezo a campaña da sardiña en Galicia. A redución da cota con respecto ao 2023, o reducido tamaño do recurso e o seu baixo prezo en lonxa disparou as alarmas dos pescadores. Agora, dous meses despois, o prezo deste peixe azul comeza a incrementarse nas lonxas.

