Onte debateuse na Comisión de Pesca do Senado unha iniciativa do Grupo Plural, no que se integra o BNG, relativa á pesca na que o PP introduciu unha emenda. Nela se solicitaba demandar ao Goberno español que declare zona catastrófica ás rías galegas afectadas polos temporais de outono.

