A Deputación da Coruña saca a licitación, por importe de un millón de euros, os servizos de reparación urxente de danos en toda a rede de estradas de titularidade provincial para o ano 2017. Esta dotación representa un incremento de 320.000 euros, un 47% máis, respecto ao ano anterior.
O proxecto elaborado polo servizo de Vías e Obras da institución provincial, dirixido polo deputado José Manuel Pequeño, establece que as empresas adxudicatarias se encargarán de tarefas coma o despexe das estradas ante accidentes, verteduras, neve, xeo e outros imprevistos. En cuestión de horas, aseguraranse actuacións urxentes ante a presenza de animais nas vías, a caída de árbores debido a temporais ou os desprendementos de terras, que requiran unha actuación inmediata.
Así mesmo, o servizo asegurará unha reparación inmediata de baches, desperfectos no firme e outras cuestións que supoñan un perigo para a circulación de vehículos e persoas.
As empresas interesadas na realización destes traballos, teñen de prazo ata o día 25 de decembro para presentar ofertas, a través do rexistro xeral da Deputación.
280,38 quilómetros de vias da Costa da Morte e Bergantiños constitúen outra zona á que a Deputación destina 125.000 euros, concentrando estradas coma as de Serra de Outes a Dumbría, Coristanco a Santa Comba, Malpica a Ponteceso ou o aceso ao Dolmen de Dombate.
Os 261,21 quilómetros de estradas barbanzanas de titularidade provincial reciben a mesma cantidade para o servizo de actuacións rápidas en vías coma a de Porto do Son á Igrexa da Magdalena, Outes a Pereira ou o acceso ao miradoiro da Curota.
https://www.youtube.com/watch?v=W5hCOfGsc4c