Un ano máis o Concello de Boiro contará coas súas subvencións para o deporte federado. Nesta ocasión o Goberno municipal lanza unha liña de bolsas destinadas aos deportistas e aos clubs e entidades. Con esta iniciativa búscase seguir impulsando o deporte na localidade.

