A situación no sector do mar é cada vez máis delicada e os profesionai aseguran que non poden vivir dunha maneira digna do que foi durante moitos anos o seu traballo. Ante esta situación moitos traballadores e traballadoras convocan folgas, concentracións e asambleas e hoxe tivo lugar unha na cidade de Pontevedra.
O sector do marisqueo a pé convocou unha marcha pola súa dignidade laboral. Nesta reclamaban axudas dignas, individuais e directas. Unha flexibilización temporal das obrigas fiscais ante a situación que vive o sector. Unha rexeneración dos areais que aseguran non dan máis de si. Un plan de continxencias fiables. E por suposto unha implicación real das administracións, as cales sinten que abandoan ao sector e non adoptan medidas reais e efectivas das que solicitan os traballadores.
Os asistentes concentráronse ás dez e media no edificio administrativo da Xunta de Galicia, a Xefetura da Consellería do Mar e marcharon ata a Subdelegación do Goberno onde tamén permaneceron concentrados ata pasadas as doce e media do mediodía.