O 29 de maio terá lugar a entrega do Premio de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal nun acto celebrado en Santiago de Compostela. Polo que esta seman o xurado do galardón deu a coñecer os nomes dos premiados. Por unha banda o gañador da décimo segunda edición do premio internacional, dotado de 30.000 euros, recaerá no Dr. Ignacio Melero, codirector do Servizo de Inmunoloxía e Inmunoterapia da Clínica Universitaria de Navarra e catedrático de Inmunoloxía da Universidade desta mesma Comunidade Autónoma. Mentres que a quita edición do Premio a Talentos Emerxentes, dotado con 10.000 euros, será para Arkaitz Carracedo, xefe de grupo no centro de cancro CIBERONC, profesor de investigación Ikerbasque en CIC bioGUNE e profesor asociado da Universidade do País Vasco.

