Esta mañá o Parlamento de Galicia acolleu o Pleno e a primeira sesión de control do Goberno autonómico. Os voceiros da oposición realizaron as súas preguntas ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e nesta ocasión estiveron protagonizadas pola situación industrial de Galicia e os contratos públicos firmados na pandemia. O portavoz do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, estreouse no Parlamento galego facendo referencia á perda de industria en Galicia e ao menor crecemento económico que se deu na autonomía en relación a España.

