Barbanza

DETIDAS 4 PERSOAS POR TRÁFICO DE DROGAS NO BARBANZA

Conscientes do impacto negativo que xera a venta de sustancias estupefacientes na zona, a Garda Civil do Posto Principal de Boiro levou a cabo tres operativos diferentes, os cales remataron coa detención de catro persoas implicadas.

No primeiro operativo as autoridades detiveron a un individuo xa coñecido polo Instituto Armado. Este foi sorprendido en pleno acto de venta de cocaína e grazas á rápida intervención os axentes incautaron dúas doses da droga e os cartos involucrados na transacción.

Noutro dos operativos tres persoas foron detidas en Rianxo trala súa identificación realizando un inbtercambio de drogas nun área frecentemente empregada para este fin. Os detidos xa eran coñecidos pola súa vinculación ao tráfico de drogas e os axentes atoparon no seu poder 50 doses de cocaína, unha dose de heroína e unha cantidade significativa de cartos en efectivo.

No derradeiro dispositivo a Garda Civil observou a un individuo amosando hachís nun lugar público. Finalmente procedeuse á incautación de hachís e marihuana que o implicado levaba consigo e agora enfróntase a posibles cargos por tráfico de drogas.

Tódolos detidos e investigados presentáronse ante as autoridades xudiciais correspondentes para iniciar o proceso legal pertinente.

A Garda Civil destaca a importancia da colaboración cidadá para levar a cabo unha labor máis efectiva na erradicación do tráfico de drogas na comarca.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.