O hostal dos Reis Católicos acolleu na tarde de onte a gala do Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía. Nesta quinta edición do certame o galardón recaeu na doutora Ana Belén Cid e no seu equipo polo seu traballo titulado «Optimización dun programa contemporáneo de reparación valvular mitral percutánea: estudo de determinantes prognósticos e desenvolvemento de modelos anatómicos preditivos computacionais». Cid recolleu o premio de mans do mecenas, Ramiro Carregal Rey, a quen agradeceu a súa implicación coa investigación antes de afondar no seu proxecto

