O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou no día de hoxe o Centro de acollida e protección de animais da Deputación de Pontevedra acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. Alí quixo recordar que desde o goberno autonómico poñerán en marcha nas vindeiras semans a nova liña de axudas para apoiar que os cidadáns adopten un animal doméstico de compañía.




