Deportes

O SUR DE GALICIA FÍXOSE CO TORNEO NORTE-SUR QUE SE VIVIU EN RIBEIRA

A natación foi unha das protagonistas do calendario deportivo de Ribeira. A piscina do complexo da Fieiteira acolleu a celebración do III Torneo Norte-Sur Xunta de Galicia. Nesta cita xuntáronse 40 dos nadadores máis destacados da comunidade para medirse e coñecer ao gañador galego, o norte ou o sur?

Nadáronse diferentes modalidades, tanto no apartado masculino, como feminino e mixto, como o 4×50 estilos, 1500 libre feminino skins race libre, 200 bolboreta ou 200 costas. A piscina María Vilas encheuse para desfrutar da emoción do deporte e os afeccionados que se achegaron á instalación municipal puideron ver grandes probas.

Ao final da xornada os resultados amosaron ao equipo gañador. O Sur proclamouse vencedor do Torneo xunta de Galicia ao sumar 516 puntos mentres que o conxunto do Norte conseguiu facerse con 445. Ademais ao longo da xornada de competición tamén se bateu un novo récord. O equipo de remudas formado por Eva Feijóo, Carla Carrón, Raúl Civeira e Hugo Rodríguez bateron a marca galega de 4×100 libre cun tempo de 3.39.05

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.