Galicia xa conta co seu goberno autonómico. Este sábado celebrouse a toma de posesión no que o xa presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asumiu o seu cargo. No acto estivo arroupado polo presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, e polo ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente. Onte Rueda asinou o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que ten cambios con respecto ao anterior, equipo de Goberno que esta mañá tamén tomou posesión dos seus cargos con catro caras novas.

