Galicia

CONTROL DE VELOCIDADE EN VÍAS CONVENCIONAIS: DXT ACTIVA CAMPAÑA EN GALICIA

A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a DGX inicia hoxe unha campaña de control de velocidade que permanecerá activa ata o día 21 de abril. Esta incidirá principalmente nas vías convencionais, as que dispoñen dun só carril en cada sentido e nas vías urbanas da comunidade.

A iniciativa forma parte da programación anual da DXT e ten como obxectivo connseguir unha maior redución da velocidade media. E será coordinada polas xefaturas provinciais de tráfico e empregará o máximo de medios posibles, co aviso cando sxa posible, da existencia de controis. Para unha maior efectividade a DXT contará coa colaboración das distintas policías locais dos concellos. Unha colaboración que califican de moi importante para para unificar a mensaxe de respecto aos límites de velocidade.

A campaña trata de concienciar aos conductores da estreita relación entre unha velocidade inadecuada e os accidentes. Que en 2022 foi a primeira causa concorrrente máis frecuente nos accidentes mortais de tráfico en Galicia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.