Desde primeira hora da maña a terceira edición da Move It Vigo Urban Dance Competition colgaba o cartel de non hai entradas, o que reafirmaba o seu éxito. Máis de 1200 bailaríns e bailarinas de todas partes de España e de tódalas idades achegáronse o sábado e este evento de baile onde o nivel estivo moi alto en tódalas categorías.
A gala comezou xa pola mañá da man da presentadora Hurakán Bastida, quen estivo acompañada por un xurado profesional conformado pola coreógrafa e bailarina Sarah Coral. A bailarina de danza urbana Ruth Prim e a profesora de Operación Triunfo e coreógrafa de artistas de renome Vicky Gómez. O xurado debeu valorar a interpretación musical, a musicalidade, a técnica, a innovación, a orixinalidade, o estilo, a expresión e a impresión global para poder dar os veredictos ante tantos e tantas deportistas de alto nivel.
As primeiras categorías en saír ao escenario foros ás dos máis pequenos, Baby, Infantil, Junior, Mini Parellas e Mini Solista, quenes ocuparon toda a quenda da mañá. Por cada categoría entregábanse un primeiro posto, un segundo, un terceiro e unha distinción ao mellor vestiario. Moitos dos galardóns quedaron en Vigo e case todos en Galicia, agás tres grupos que chegaban desde as illas Canarias.
Xa pola tarde arrancaron as categorías para os bailaríans maiores, Youth, Absoluta, Minicrew, Parellas, Solitas Heels, Premium e Megacrew. Estas dúas últimas puidendo ser as máis esperadas polo público, a Premium por tratarse de bailaríns entre os 40 e os 70 anos e a Megacrew por reunir a grupos de ata 40 integrantes no escenario.
O galardón en Premiu marchou para Asturias mentres que o Megacrew qudou en Pontevedra. O resto das premios como nas categorías dos máis pequenos quedaron entre Vigo e as illas Canarias.
O evento ademáis contou co patrocinio polo Deporte galego da Xunta de Galicia e demáis empresas e entidades galegas como ABANCA ou Gadis.

