Esta semana desenvolveuse unha xuntanza da Federación Galega de Municipios e Provincias, Fegamp, na que participaron os 13 concellos que teñen Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia, UMAD. Nela tratouse a integración da rede galega de trastornos aditivos no Sergas. todos rexeitaron a proposta recibida da Xunta para renovar o convenio dirixido a cubrir os custos deste servizo por parte dos concellos.