Xa o di o refrán, en abril aguas mil e no que vai de mes o mal tempo non deu unha tregua. Isto unido ás malas condicións meteorolóxicas que se rexistraron antes de Semana Santa provocaron que as peixerías estean baixas en produto. As embarcacións non saíron a faenar polo que esta semana a escaseza de peixe foi protagonista.

