Esta mañá celebrouse un novo Consello da Xunta no que o Goberno autonómico en funcións afondou en varias cuestións. O presidente do Executivo galego en funcións, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta financiará a construción, mellora e ampliación de 24 centros de atención aos maiores ao abeiro do Plan de investimentos para equipamentos sociais.

