Barbanza

A COMARCA DE BARBANZA CELEBROU A SEMANA SANTA CON PROCESIÓNS MULTITUDINARIAS REPARTIDAS POLAS DISTINTOS CON CONCELLOS

O xoves Santo tivo lugar en Ribeira a procesión do Paso que saíu desde a igrexa de Santa Uxía de Ribeira ás 9 da noite. A previsión de mal tempo deixou que se celebrara esta procesión á que asistiron unha gran cantidade de feligreses que se uniron aos preto de 80 cofrades eportadores que participaron na marcha. Para a celebración deste acto englobado na semana Santa da comarca, as cofradías contaron tamén coa colaboración da Asociación Amas de Casa e do Colectivo Alfaia.

Outra das procesións máis concurridas desta semana foi a do Santo Enterro de Noia celebrada o venres santo. O párroco José Ortoño achacou tamén o éxito a que como o xoves non pùideron saír pola choiva, os feligreses achegáronse todos ás do día seguinte. Preto de 70 cofrades e portadores desfilaron nesta marcha cos pasos do Sepulcro e a Soledad. O párroco do concello quixo tamén destacar a colaboración das catro cofradías para que pese ao mal tempo, todo saise ben.

En Boiro tamén aproveitaron a tregua da choiva para celebrar o venres santo o desenclavo na igrexia de Santa Eulalia e a posterior procesión do Santo Enterro. Cuxa organización correu a cargo da Irmandade do Cristo da Misericordia. O novo párroco oficiou a cerimonia relixiosa que foi seguida por un gran número de persoas.

Para pechar a semana santa do Barbanza, concellos como o de Porto do Son celebraron onte domingo de Pascua a procesión do Jesús Glorioso e Encuentro de Resurrección. A cal saiu ás once da mañá da capela da Atalaia e procesonau ata a praza de España onde tivo lugar o encontro e a posterior misa na igrexa parroquial.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.