Barbanza

«FELIGRESES EN MASAS NO DOMINGO DE RAMOS QUE GOZOU DO SOL, PERO PODE CAMBIAR NA SEMANA SANTA»

As palmas e as borriquitas foron as protagonistas na celebración do domingo de ramos no concello de Ribeira. Unha celebración que sufrira un baixón propiciado polo parón da pandemia, o cal chegou ao seu fin con este resurxir. Onte os feligreses de varias localidades achegáronse á zona do monumento para recibir a bendición a cargo do párroco local Alfonso Mera. Unha vez finalizadas as bendicións foron moitas as persoas que se desplazaron ata o adro da igrexia de Santa Uxía para a celebración da misa.

Tamén en Noia a praza do Tapal non foi suficiente para dar cabida a tódolos veciños que acudían a bendecir os ramos. Feligreses que a continuación procesionaban a redor de san Martiño onde o párroco local, José Ortoño oficiou a liturxia.

Noutros concellos con A Pobra ou Porto do Son, o domingo de ramos estivo tamén marcado pola música das gaitas de Xiada e Trécola respectivamente.

Os oficios litúrxicos continuaron por toda a comarca do Barbanza aproveitando o bo tempo, o cal moitos concellos aproveitaron para oficiar ao aire libre. Durante todas esta semana contiuarán as procesións en tódolos concellos a espera de que o tempo deixe saír os tronos e as imaxes relixiosas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.