16 noviembre, 2026

Un home faleceu en Muros tras caer co vehículo ó mar e unha muller excarcerada en Outes tras chocar contra un poste

Un home de 81 anos morreu esta tarde en Muros ao caer co seu coche ao mar. A vítima foi rescatada do interior do vehículo aínda con vida .
O suceso aconteceu as 14:45 horas desta tarde , un particular alertou o 112 informando dun coche que acababa de caer ao mar no porto da localidade. Segundo se lle indicou á central de emerxencias, a vítima foi rescatada minutos despois por un mergullador. Os efectivos sanitarios enviaron ata a zona un helicóptero medicalizado, cuxo persoal intentou reanimar a vítima sen logralo. Ata olugar desprazoouse o remolcador Sebastián de Ocampo, con base en Muros, Urxencias Médicas, Bombeiros de Cee, ao GES de Muros e a Policía Local.

Por outra banda unha muller de 49 anos resultou ferida onte en Outes ao sufrir unha saída de vía. O seu vehículo caeu por un desnivel e acabou esnafrándose contra un poste. O accidente rexistrouse na estrada que une a localidade con Pino do Val ao seu paso polo lugar de Rodeiro, na parroquia de Matasueiro.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX