O Tribunal Supremo anulou a anterior lei de costas do ano 2022 entre outras cuestións debido a ter prescindido dun trámite de consulta públiba previo. Por isto agora o Goberno central abriu unha consulta pública que para a Xunta de Galicia non é real, xa que non se prevén cambios importantes no texto e que parte de premisas ou observacións que o executivo autonómico tilda de erradas como a de que a costa está masificada.

