A proba dos 100 kilómetros de barbanza foi a primeira proba de ultrafondo en Galicia, e polo tanto unha cita deportiva consolidada á que acuden non soamente galegos, senón tamén persoas do resto do territorio español e incluso internacionais. Para presentar a novena edición hoxe reuníronse no salón de plenos de Rianzo os alcalde do mesmo e os alcaldes de Ribeira, Pobra e Catoira, concello invitado, ademáis do concelleiros de deportes de Noia e Lousame e o técnico de deportes de Porto do Son. Fran Alcalde, presidente da ITBS, clube que organiza quixo comezar poñendo en valor a proba.

