O PRESIDENTE DA XUNTA EN FUNCIÓNS VISITOU O CIFP CARLOS OROZA DE PONTEVEDRA TRAS FINALIZAR O SEU PROCESO DE AMPLIACIÓN QUE PERMITIU CREAR DÚAS NOVAS AULAS, MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA E A SÚA ACCESIBILIDADE
O sector turístico en Galicia ten cada vez máis peso, un 13% das persoas empregadas do territirio fanno neste sector, polo que Alfonso Rueda considera fundamental seguir mellorando as condición e traballando por un turismo sostible e de calidade.