Esta mañá celebrouse un novo Consello da Xunta en Santiago onde o Goberno galego en funcións tratou diferentes cuestións. O presidente do Executivo autonómico en funcións, Alfonso Rueda, anunciou que se realizará unha nova convocatoria de axudas para mellorar a a accesibilidade tanto en edificios residenciais colectivos como en vivendas particulares cun orzamento de preto de 9,5 millóns de euros.

