Noia é un dos berces culturais da comarca e conta cun papel destacado en Galicia. Este mes de marzo reafírmase esta realidade xa que o Coliseo Noela albergará unha estrea teatral moi especial. David Amor desembarca unha vez máis na vila noiesa co seu novo traballo, “Go Home”, obra na que está acompañado por Josito Porto e que conta coa dirección de Tito Asorey.

